Thursday 16 de May de 2024

O refuxiado, teatro este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado 25 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Stracciatella Teatro presenta a obra O Refuxiado, dirixida por Jose Prieto e interpretada por Álex Carro, Andrés Mahía e Iria Lamas Alsina. As entradas teñen un prezo de 4 euros e poderanse adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

A obra presenta a vida dun político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, que acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral. Unha balsa ou unha soga…

Esta obra enmárcase na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC.